domingo, 14 de diciembre de 2014

Sexismo

DEFINICIÓN:
O sexismo é un prexuízo social no que se discrimina ou se acepta ás persoas en función do seu xénero, que considera que as persoas merecen tratos diferentes en función de se son homes ou mulleres. As prácticas sexistas afectan, sobre todo, ás mulleres, xa que hai crenzas nas que as persoas de sexo feminino son inferiores ás do sexo masculino. Por exemplo, antigamente as mulleres non podían votar nas eleccións ou que se escribimos dous substantivos na mesma frase, para o adxectivo que os acompaña empregamos o xénero masculino.
A Real Academia Galega recolle sexismo como "ideoloxía, comportamento ou actitude que manifesta discriminación das persoas atendendo ao seu sexo.


RESUMO:
En definitiva, o sexismo é a discriminación entre homes e mulleres, debido ás crenzas de que un sexo é inferior ó outro. Este prexuízo social maniféstase: na vida cotiá, na lingua, nos medios de comunicación...

Un exemplo de sexismo na comunicación móstrase neste artigo:






Nel se entende a debilidade das mulleres que a sociedade cre que existen, dicindo que ás mulleres non "serven" para determinados traballos. 

Ademais, antigamente as mulleres só se dedicaban ás tarefas cotiás. Hai xestos que se realizan a cotío que mostran o sexismo na nosa sociedade:  a caballerosidade, o feito de que os produtos pensados para as mulleres sexan máis caros ou que as mulleres aparezan pouco ou nada na historia.


Existe un grande sexismo na lingua: o feito de poñer un @ para incluír ás mulleres,  a habitual explicación da formación do feminino en vez do masculino, a escritura dun artigo masculino para determinar dous substantivos, un de cada xénero, palabras coma "os alumnos" ou os "profesores", que se deben substituír por "alumnado" ou "profesorado" ...














Algunhas expresións que creou a sociedade coma "chorar é de nenas" tamén favorecen ó sexismo linguístico, non son adecuadas xa que non teñen que chorar máis as nenas que os nenos.


Nós cremos que  o sexismo é un conflito creado pola sociedade que non debería existir, xa que todos os seres humanos deberiamos ser iguais, xa seamos homes e mulleres. Todos temos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas.


VÍDEOS E IMAXES:



Fontes:



http://es.wikipedia.org/wiki/Sexismo

http://puntogenero.inmujeres.gob.mx/Portal/madig/sexismo/


http://es.thefreedictionary.com/sexismo

http://www.realacademiagalega.org/dicionario

ignaciogutierrez.es


blogs.ileon.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario