jueves, 23 de abril de 2015

XUSTIFICACIÓN DA NOSA CAMPAÑA

A) Os dereitos humanos a nosa campaña :



1.Todos os seres humanos nacen libres e iguales en dignidad y derechos, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros .

2. Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condiciónl.

Só mediante libre e pleno consentimento dos futuros esposos poderá contraerse o matrimonio.

A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.

5. Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes.

6. Todo ser humano ten dereito, en todas as partes, ao recoñecemento da súa personalidade xurídica.

16. Os homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito, sen restrición ningunha por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casarse e fundar unha familia, e gozarán de iguais dereitos en canto ao matrimonio, durante o matrimonio e en caso de disolución do matrimonio.


29. Toda persoa ten deberes respecto á comunidade, posto que só nela pode desenvolver libre e plenamente a súa personalidade.

B) Os dereitos e os deberes na constitución española:


Artigo 10

1. A dignidade da persoa, os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre desenvolvemento da personalidade, o respecto á lei e aos dereitos dos demais son fundamento da orde política e da paz social.2. As normas relativas aos dereitos fundamentais e ás liberdades que a Constitución recoñece interpretaranse de conformidade coa Declaración Universal de Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados por España.


Artigo 14

Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.


Artigo 16

1. Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e as comunidades sen máis limitación, nas súas manifestacións, que a necesaria para o mantemento da orde pública protexida pola lei.


Artigo 32

1. O home e a muller teñen dereito a casarse con plena igualdade xurídica.2. A lei regulará as formas de matrimonio, a idade e capacidade para contraelo, os dereitos e deberes dos cónxuxes, as causas de separación e disolución e os seus efectos.



C) Localizade outro tipo de declaracións ou leis:

LEI 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.





No hay comentarios:

Publicar un comentario