lunes, 15 de diciembre de 2014

Pobreza

DEFINICIÓN DA ONU DE QUEN É POBRE

A pobreza é un problema complexo  con orixes tanto no ámbito nacional como no internacional. Non é posible encontrar unha solución correcta aplicable a nivel mundial. Máis ben, coa fin de atopar unha solución para este problema , é fundamental contar con programas de loita contra a pobreza adecuados a cada país, con actividades internacionais que apoian ás nacionais, e cun proceso paralelo polo que se cree un medio internacional favorable a eses esforzos. En todo o mundo segue a ser moi importante a eliminación da pobreza e da fame,o logro de que os ingresos se repartan de maneira igualitaria e o desenvolvemento dos recursos humanos. Todas as nacións deben colaboar para chegar á erradicación da pobreza.


QUEN É CONSIDERADO POBRE EN ESPAÑA?

A consideración de persoa pobre varía segundo a cultura ou a opinión persoal.

Cada vez hai que vivir máis na miseria para ser considerado pobre, xa que o umbral da pobreza cada vez descende máis. A crise produce que a xente, a medida que pasa o tempo, teña cada vez menos cartos, o que significa que a pobreza aumenta destacablemente.





IMPACTO DA POBREZA NOS NENOS

Significa que aumenta a pobreza infantil, e as demandas de axudas públicas.  
Tamén moitos nenos acaban na calle e collen enfermidades e morren. Desaparicion de axudas monetarias as familias e a infancia, e outros tipos de axudas. Según os datos actuais grazas a crise economica, en  dous anos a cifra de nenos e nenas pobres en España aumento un 10%, case 2.200.000 o número de menores de 18 anos que viven en hogares que están por debaixo do umbral da pobreza. O impacto da crisis foi moi duro nos hogares con niños.


O impacto da crisis foi moi duro nos hogares con niños. A pobreza a deixado a 800.000 nenos pobres en España.           

Pobreza infantil. Total España: 26,2% (2010)

Abandono escolar. Total España: 28,4% (2010)
Consumo del alcohol. Total España: 58,5% (2008)
Ejercicio físico. Total España: 39,4% (2006)







PROBLEMAS OCASIONADOS

As persoas sen cartos, vulgarmente chamadas pobres, son excluidas pola sociedade en varios casos.                                                                                                                                                                                                                                                            
             ·Non son aceptadas pola sociedade. En tendas, restaurantes, escolas e outro                         lugares públicos.                                                                                                                                                                                                                                                      ·Son marxinadas en lugares abandoados, o que implica resignación contra a                       sociedade que os apartou.

             ·Debido á falta de cargos non teñen comida, deben buscar nos contedores e                   asistir a comedores sociais. Este último dato pode ocasionar vergoña.


             ·Necesitan cartos que non teñen, o que lles dexa con moi poucas opcións. Dende               a máis ruin, o roubo, ata a mellor, ahorrar e buscar un traballo.


Chabolas onde vive a xente sen cartos

Persoa desnutrida pedindo limosna

Persoa pobre rebuscando no lixo



FOGARES AFECTADOS EN ESPAÑA

Segundo O Mundo, en 2013 o 20,4 % da población do noso país vive baixo o umbral da pobreza, fronte ao 20,8 % do ano anterior. 
O País engade que a pobreza grave en España afecta a máis de 3 millóns de persoas, e que a cantidade de persoas que vive con menos de 307 euros ó mes duplicouse dende 2007. 
A ONU e Eurostat afirman que a pobreza en España oscila entre os 1,5 e 3 millóns, entre o 3 e o 6% da población. 
Outro diario, El Confidencial, di que a pobreza actual en España afecta ó 21,6% da poboación.

Moitos desas persoas  viven nesas situacións porque non acadan encontrar traballo, aínda que, ademais, o 12,3% dos españois que traballan tamén viven na pobreza. O noso país ten a terceira porcentaxe máis alta encanto ao número de persoas que se atopan na chamada pobreza laboral.


En resumo, a pobreza en España está crecendo ou manténdose estable debido a crise a ás desigualdades sociais que son cada vez maiores. Moita xente non atopa traballo, e se os seus recursos económicos non lle son suficientes para pagar a súa vivenda a perderá. A maioría de nós temos unha familia que nos quere e nos apoia mental e económicamente nas situacións de dificultade pero, e para as persoas que non teñen esa sorte? De onde saca os cartos? 

Con este problema temos que ser moi empáticos, porque a quen lle gustaría na rúa e pasar fame?
Agardamos que esto vos serva para respectar ás persoas pobres e para axudarlles, eles precisan da nosa axuda.



Persoas afectadas pola pobreza segundo a autonomía


LIGAZÓNS:

http://www.publico.es/culturas/509752/cada-vez-hay-que-vivir-mas-en-la-miseria-para-ser-considerado-pobre

http://www.unicef.es/infancia/ong-espana/infancia-espana/pobreza-datos

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/10/actualidad/1381399141_149988.html

http://www.elmundo.es/espana/2014/05/27/53845a75e2704ed65d8b4576.html

http://www.libremercado.com/2014-04-10/cuantos-pobres-hay-realmente-en-espana-1276515364/

http://www.elconfidencial.com/sociedad/2013-11-20/el-21-6-de-la-poblacion-espanola-vive-por-debajo-del-umbral-de-la-pobreza_56623/

 http://www.rtve.es/noticias/20141020/espana-tercer-pais-mas-trabajadores-pobres-detras-rumania-grecia/1032982.shtml

http://www.un.org/spanish/esa/sustdev/agenda21/agenda21spchapter3.htm







Recinto Gris 3

Aquí, a derradeira parte do informe sobre Recinto Gris.


domingo, 14 de diciembre de 2014

Sexismo

DEFINICIÓN:
O sexismo é un prexuízo social no que se discrimina ou se acepta ás persoas en función do seu xénero, que considera que as persoas merecen tratos diferentes en función de se son homes ou mulleres. As prácticas sexistas afectan, sobre todo, ás mulleres, xa que hai crenzas nas que as persoas de sexo feminino son inferiores ás do sexo masculino. Por exemplo, antigamente as mulleres non podían votar nas eleccións ou que se escribimos dous substantivos na mesma frase, para o adxectivo que os acompaña empregamos o xénero masculino.
A Real Academia Galega recolle sexismo como "ideoloxía, comportamento ou actitude que manifesta discriminación das persoas atendendo ao seu sexo.


RESUMO:
En definitiva, o sexismo é a discriminación entre homes e mulleres, debido ás crenzas de que un sexo é inferior ó outro. Este prexuízo social maniféstase: na vida cotiá, na lingua, nos medios de comunicación...

Un exemplo de sexismo na comunicación móstrase neste artigo:






Nel se entende a debilidade das mulleres que a sociedade cre que existen, dicindo que ás mulleres non "serven" para determinados traballos. 

Ademais, antigamente as mulleres só se dedicaban ás tarefas cotiás. Hai xestos que se realizan a cotío que mostran o sexismo na nosa sociedade:  a caballerosidade, o feito de que os produtos pensados para as mulleres sexan máis caros ou que as mulleres aparezan pouco ou nada na historia.


Existe un grande sexismo na lingua: o feito de poñer un @ para incluír ás mulleres,  a habitual explicación da formación do feminino en vez do masculino, a escritura dun artigo masculino para determinar dous substantivos, un de cada xénero, palabras coma "os alumnos" ou os "profesores", que se deben substituír por "alumnado" ou "profesorado" ...














Algunhas expresións que creou a sociedade coma "chorar é de nenas" tamén favorecen ó sexismo linguístico, non son adecuadas xa que non teñen que chorar máis as nenas que os nenos.


Nós cremos que  o sexismo é un conflito creado pola sociedade que non debería existir, xa que todos os seres humanos deberiamos ser iguais, xa seamos homes e mulleres. Todos temos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas.


VÍDEOS E IMAXES:



Fontes:



http://es.wikipedia.org/wiki/Sexismo

http://puntogenero.inmujeres.gob.mx/Portal/madig/sexismo/


http://es.thefreedictionary.com/sexismo

http://www.realacademiagalega.org/dicionario

ignaciogutierrez.es


blogs.ileon.com



jueves, 11 de diciembre de 2014

A anorexia

DEFINICIÓN:
A anorexia é un trastorno da conduta alimentaria, que significa unha perda de peso provocada polo paciente e conduce a un estado de xaxún. 
A anorexia caracterízase por medo a gañar peso e unha percepción distorsionada delirante do propio corpo que fai que o paciente pareza gordo, aínda cando o seu peso é menor que o recomendado. 
Así comeza unha diminución progresiva de peso, o xaxún ea inxestión de alimentos reducida.


CAUSAS E SÍNTOMAS:

Causas

Os principais motivos que poden producir a anorexia son:



  • A perda dun ser querido
  • A separación dos pais
  • Fracasos escolares
  • Alonxamento do lugar no que vivía
  • Outros sucesos que podan afectar á autoestima da persoa e que lle podan producir depresión

Síntomas

Algúns síntomas da anorexia son:

  • Medo a engordar
  • Uso de excusas para evitar comer
  • Grande preocupación polas grasas dos alimentos
  • Obsesión por conceptos coma a imaxe ou os estudos, que antes, ó paciente non lle producían tantas preocupacións
 A anorexia é un mal que creamos nós mesmos, sen decatarmos. É unha enfermidade curábel, acudindo a psicólogos se pode superar, pero, sobre todo, debemos aceptarmos tal e como somos.

IMAXES E VÍDEOS:



                                                                                        


Aquí mostramos un exemplo real:

Unha nena de doce anos se sentía marxinada, sen amigos, e cría que isto era por estar gorda. Por iso comezou a adelgazar, porque, ademais, quería ser perfecta. Outra causa da súa enfermidade foi que sufriu malos tratos e un desengano amoroso cun home dez anos maior que ela. 
Un día, nun restaurante de comida rápida, devolveu a comida e sentiuse aliviada. Entón comezou a deixar de comer, xa que ao devolver lle doía a garganta.
Intentouse suicidar varias veces, pero finalmente non o conseguiu e acadou volver ao seu peso normal e foi feliz.


Fontes :


http://www.dmedicina.com/enfermedades/psiquiatricas/anorexia
http://www.webconsultas.com/anorexia/sintomas-de-la-anorexia-275

http://www.definicionabc.com/salud/anorexia.php


http://www.dmedicina.com/enfermedades/psiquiatricas/anorexia


https://www.google.es/imghp?hl=es&tab=wi&ei=4bhAVLikI8bXaqa_gMAJ&ved=0CAQQqi4oAg


 linguisticauv2012.blogspot.com

 www.saludcronica.com

viernes, 5 de diciembre de 2014

Países en conflito

Para a sesión de hoxe tivemos que escoller un conflito actual, nós escollemos o de Ucraína.


O conflito de Ucraína é unha guerra civil e internacional localizada neste país do leste de Europa. Na guerra actualmente só hai un país implicado: a propia Ucraína. Aínda así, no pricipio da guerra, unha parte deste país, Crimea, quíxose independizar de Ucraína, para pasar a pertencer a Rusia.


A principal causa do conflito armado de Ucraína son as protestas cidadás que se comezaron a producir en febreiro deste ano que non apoiaban ao presidente Viktor Yanukóvich, xa derrocado, que era prorruso e, polo tanto, non quixo aceptar unha proposta da UE da que era partidaria gran parte do pobo. Estes ucranianos viron o control que Rusia estaba a facer e saíron ás rúas a protestar, derribaron as estatuas de Lenin e forzaron a marcha da presidencia de Yanukóvich.


A ONU  expresou nunha reunión urxente do Consello de Seguridade a súa preocupación pola situación de Ucraína. Máis tarde decidiron que as partes do conflito implicadas debían resolvelo mediante o diálogo.
En abril, o seu secretario xeral, Ban Ki-moon descartou o envío de cascos azuis supostamente para contribuír a resolver o conflito.
A OTAN defendeu a Ucraína e ameazou a Rusia con sancións, acusándoa de intentar redebuxar o mapa europeo.
“Por favor, enténdame ben. As mantas e as gafas de visión nocturna tamén son importantes, pero non podemos gañar a guerra con mantas, nin tampouco manter a paz, que é o máis importante”, di o presidente ucraniano ao presidente dos Estádos Unidos.

Ata agora, o  Pentágono non proporcionou axuda letal ao exército ucraniano, ainda que o último mes haxa aumentado o envío de cascos, equipos de radio e de primeiros auxilios.


O mandatario ucraniano urgió tamén a Estádos Unidos a manter as suas sancións a Rusia, e adverteu que a guerra que hoxe loitan os xóves ucranianos “non é solo a guerra de Ucrania, é a de Europa e a de Estádos Unidos tamén.” “Se estas ameazas non se deteñen, cruzaran a frontera de Europae se expandirán por todo o mundo.”








Fontes:






http://noticias.lainformacion.com/mundo/que-pasa-en-ucrania-una-explicacion-rapida_ZtxcQPgJq21yPjPDi6jrf1/

 http://www.cubadebate.cu/noticias/2014/04/16/descartan-envio-de-cascos-azules-a-ucrania/#.VIMaC8l5uSo

viernes, 28 de noviembre de 2014

Cargos e funcións (28/11/2014)

Debido á baixa dun dos membros do grupo, a partir de agora un dos cargos quedará desocupado...



Membros do equipo (28/11/2014)

Ola a todos. Como podedes comprobar, houbo un cambio no noso grupo...



  

Reportaxe: Enlaza Vigo contra a violencia de xénero 2014

O día 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de xénero, tiveron lugar unha serie de actos contra a violencia de xénero na rúa Urzáiz de Vigo.
 O acto estivo organizado pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller, e chamouse “EnlazaVigo”. Esta iniciativa tivo unha ampla cobertura nos distintos medios escritos e televisivos. O edición deste ano centrouse na ciberviolencia de xénero, co obxectivo de erradicala e previla, especialmente entre os menores de idade.Estes actos que se celebran en todo o mundo o 25 de novembro tiveron a súa orixe na loita de tres irmás contra esta violencia, opúxendose ao ditador.



Organizáronse diversos xogos e actividades, animados por voluntarios, nos que participamos: regueifas, breakdance, grandes xogos, danzas… Neles había implícita unha moralexa contra a ciberviolencia de xénero.

Nestes actos participaron 1900 alumnos e alumnas de todo Vigo.
Ademais, diversos centros de toda a cidade, entre eles o noso,  elaboraron as súas "lonas anti-violencia de xénero". 
Tamén se organizou un concurso sobre relatos virtuais de What's App con ciberacoso. Desta forma, o alumnado tiña a oportunidade de participar no acto.
Por último, ao final todos xuntos formamos un tapiz humano que simulaba  unha conversa tamén de What's App cun caso de violencia de xénero que se paraliza.

En resumo, este acto foi moi bo para todos nós, no que no concienciamos sobre a importancia da violencia de xénero e as consecuencias que esta produce, e de que as persoas que realizan a violencia de xénero non teñen lugar na nosa sociedade.


Actividade de xogos conxuntos

Fotografía do grupo no museo do Marco

A pancarta do colexio contra a violencia de xénero

A nosa pancarta favorita

Actividade de malabares

Actividade de rap


Actividade de Hip Hop

Actividade de baile (participou Raúl)

Actividade de baile (un dos nosos compañeiros participando)


www.youtube.com    www.images.google.com
 http://enlazavigo2014.blogspot.com.es/
 http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=421
 https://docs.google.com/file/d/0B-1gJ9v5CRNBa0l1YWRlakxwd1E/edit?pli=1