O día 25
de novembro, Día Mundial contra a Violencia de xénero, tiveron lugar unha serie
de actos contra a violencia de xénero na rúa Urzáiz de Vigo.
O acto estivo organizado pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller, e chamouse “EnlazaVigo”. Esta iniciativa tivo unha ampla cobertura nos distintos medios escritos e televisivos. O edición deste ano centrouse na ciberviolencia de xénero, co obxectivo de erradicala e previla, especialmente entre os menores de idade.Estes actos que se celebran en todo o mundo o 25 de novembro tiveron a súa orixe na loita de tres irmás contra esta violencia, opúxendose ao ditador.
Organizáronse
diversos xogos e actividades, animados por voluntarios, nos que participamos:
regueifas, breakdance, grandes xogos, danzas… Neles había implícita unha
moralexa contra a ciberviolencia de xénero.
Nestes
actos participaron 1900 alumnos e alumnas de todo Vigo.
Ademais, diversos centros de toda a cidade, entre eles o noso, elaboraron as súas "lonas anti-violencia de xénero".
Tamén se organizou un concurso sobre relatos virtuais de What's App con ciberacoso. Desta forma, o alumnado tiña a oportunidade de participar no acto.
Por último, ao final todos xuntos formamos un tapiz humano que simulaba unha conversa tamén de What's App cun caso de violencia de xénero que se paraliza.

En resumo, este acto foi moi bo para todos nós, no que no concienciamos sobre a importancia da violencia de xénero e as consecuencias que esta produce, e de que as persoas que realizan a violencia de xénero non teñen lugar na nosa sociedade.
![]() |
| Actividade de xogos conxuntos |
| Fotografía do grupo no museo do Marco |
| A pancarta do colexio contra a violencia de xénero |
| A nosa pancarta favorita |
| Actividade de malabares |
| Actividade de rap |
| Actividade de Hip Hop |
| Actividade de baile (participou Raúl) |
| Actividade de baile (un dos nosos compañeiros participando) |
www.youtube.com www.images.google.com
http://enlazavigo2014.blogspot.com.es/
http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=421
https://docs.google.com/file/d/0B-1gJ9v5CRNBa0l1YWRlakxwd1E/edit?pli=1
http://enlazavigo2014.blogspot.com.es/
http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=421
https://docs.google.com/file/d/0B-1gJ9v5CRNBa0l1YWRlakxwd1E/edit?pli=1

Ola! A reportaxe non está mal pero non recolle os apartados propostos, de elaboración propia, na ficha de traballo: consignas proclamadas, significado da pancarta escollida,...
ResponderEliminar