Debido á baixa dun dos membros do grupo, a partir de agora un dos cargos quedará desocupado...
viernes, 28 de noviembre de 2014
Reportaxe: Enlaza Vigo contra a violencia de xénero 2014
O día 25
de novembro, Día Mundial contra a Violencia de xénero, tiveron lugar unha serie
de actos contra a violencia de xénero na rúa Urzáiz de Vigo.
O acto estivo organizado pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller, e chamouse “EnlazaVigo”. Esta iniciativa tivo unha ampla cobertura nos distintos medios escritos e televisivos. O edición deste ano centrouse na ciberviolencia de xénero, co obxectivo de erradicala e previla, especialmente entre os menores de idade.Estes actos que se celebran en todo o mundo o 25 de novembro tiveron a súa orixe na loita de tres irmás contra esta violencia, opúxendose ao ditador.
Organizáronse
diversos xogos e actividades, animados por voluntarios, nos que participamos:
regueifas, breakdance, grandes xogos, danzas… Neles había implícita unha
moralexa contra a ciberviolencia de xénero.
Nestes
actos participaron 1900 alumnos e alumnas de todo Vigo.
Ademais, diversos centros de toda a cidade, entre eles o noso, elaboraron as súas "lonas anti-violencia de xénero".
Tamén se organizou un concurso sobre relatos virtuais de What's App con ciberacoso. Desta forma, o alumnado tiña a oportunidade de participar no acto.
Por último, ao final todos xuntos formamos un tapiz humano que simulaba unha conversa tamén de What's App cun caso de violencia de xénero que se paraliza.

En resumo, este acto foi moi bo para todos nós, no que no concienciamos sobre a importancia da violencia de xénero e as consecuencias que esta produce, e de que as persoas que realizan a violencia de xénero non teñen lugar na nosa sociedade.
![]() |
| Actividade de xogos conxuntos |
| Fotografía do grupo no museo do Marco |
| A pancarta do colexio contra a violencia de xénero |
| A nosa pancarta favorita |
| Actividade de malabares |
| Actividade de rap |
| Actividade de Hip Hop |
| Actividade de baile (participou Raúl) |
| Actividade de baile (un dos nosos compañeiros participando) |
www.youtube.com www.images.google.com
http://enlazavigo2014.blogspot.com.es/
http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=421
https://docs.google.com/file/d/0B-1gJ9v5CRNBa0l1YWRlakxwd1E/edit?pli=1
http://enlazavigo2014.blogspot.com.es/
http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=421
https://docs.google.com/file/d/0B-1gJ9v5CRNBa0l1YWRlakxwd1E/edit?pli=1
lunes, 17 de noviembre de 2014
viernes, 7 de noviembre de 2014
Consumismo e contaminación do medio ambiente (vídeos)
Aquí tendes unhas ligazóns de vídeos sobre este asunto.
Ata pronto!
Consumismo e contaminación do medio ambiente
O consumismo é un problema moi relacionado coa contaminación do medio ambiente, xa que o noso exceso de consumo de produtos fai que a súa fabricación sexa máis intensa, polo que hai máis lixos e se emiten máis gases contaminantes cara a atmosfera. Podemos dicir que é un dos problemas é a consecuencia do outro.
O consumismo consiste no consumo esaxerado de bens e servizos. É dicir, as persoas dos países desenvolvidos mercamos e utilizamos produtos en gran medida, aínda que moitos deles non os precisamos. A publicidade e os medios de comunicación son en moitas ocasións os que nos invitan a a realizar este sobreconsumo, polo que temos que tentar levar a cabo unha actitude responsable respecto a este asunto, realizar un consumo responsable.
O consumo responsable é aquel que consume produtos que non incrementan a explotación infantil e que ten en conta a ecoloxía, debe ser controlado e favorecer aqueles produtos que non contaminan tanto o medio natural.
Para ser consumidores responsables, temos que mercar o que precisamos e non o que desexamos:
Os usuarios dos produtos temos unha serie de dereitos, por exemplo o dereito á protección de saúde e seguridade, o dereito á información específica do produto consumido ou o dereito á indemnización se sufrimos danos ou prexuízos polo consumo dun produto en mal estado.

- Debemos mercar a roupa que nos sexa necesaria, e non a que está máis de moda.
- Precisamos consumir produtos que favorezan á nosa saúde.
- Posuímos a obriga de aforrar auga e luz, na medida do posible.
Os usuarios dos produtos temos unha serie de dereitos, por exemplo o dereito á protección de saúde e seguridade, o dereito á información específica do produto consumido ou o dereito á indemnización se sufrimos danos ou prexuízos polo consumo dun produto en mal estado.
Este consumo desenfreado é unha das principais causas que está a producir o aumento da contaminación do medio ambiente.
Un dos grandes retos ó que se enfronta a humanidade actualmente é o inicio dun novo modelo de desenvolvemento sostible, que mellore a calidade de vida humana e que ademais non prexudique ó medio ambiente. Este concepto é o que chamamos ecoloxía.
Se levamos a cabo unha vida ecolóxica é decisión de cada un, pero os gobernos dos estados deben poñer en vigor leis ca fin de protexer o medio natural.
Algunhas das acción que axudan á conservación do ambiente e que podemos realizar tódolos días sen a axuda de ninguén son:

Esta contaminación do medio ambiente produce o quecemento global, un fénomeno que consiste no aumento das temperaturas no planeta debido á destrucción da capa de ozono motivada polo consumo excesivo de materiais contaminantes. Este quecemento produce o derretemento do xeo polar, a subida do nivel do mar e outras consecuencias non menos graves.
Ademais, algunhas catástrofes están moi relacionadas coa contaminación do medio ambiente: por exemplo os fenómenos meteorolóxicos do Neno, a Nena e o monzón producen abundantes chuvias e ventos en rexións do océano Pacífico, que levan consigo perdas materiais e agrícolas.
En resumo, non debemos ser fieis ó consumismo, xa que o feito de mercar e consumir bens de máis conleva moitas consecuencias graves para o noso planeta, coma a contaminación do medio ambiente.
Fonte:
Libro de texto: Educación para a Cidadanía, 2º ESO, editorial Rodeira

- Apagar as luces cando abandoamos un cuarto
- Ducharse en lugar de bañarse para aforrar auga
- Pechar o frigorífico rapidamente despois de usalo
- Envolver a comida con servilletas de papel biodegradable en vez de face-lo con papel de aluminio
- Utilizar os papeis polas dúas caras para minimizar a corta de árbores

Esta contaminación do medio ambiente produce o quecemento global, un fénomeno que consiste no aumento das temperaturas no planeta debido á destrucción da capa de ozono motivada polo consumo excesivo de materiais contaminantes. Este quecemento produce o derretemento do xeo polar, a subida do nivel do mar e outras consecuencias non menos graves.
Ademais, algunhas catástrofes están moi relacionadas coa contaminación do medio ambiente: por exemplo os fenómenos meteorolóxicos do Neno, a Nena e o monzón producen abundantes chuvias e ventos en rexións do océano Pacífico, que levan consigo perdas materiais e agrícolas.
En resumo, non debemos ser fieis ó consumismo, xa que o feito de mercar e consumir bens de máis conleva moitas consecuencias graves para o noso planeta, coma a contaminación do medio ambiente.
Fonte:
Libro de texto: Educación para a Cidadanía, 2º ESO, editorial Rodeira
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)