viernes, 7 de noviembre de 2014

Consumismo e contaminación do medio ambiente

O consumismo é un problema moi relacionado coa contaminación do medio ambiente, xa que o noso exceso de consumo de produtos fai que a súa fabricación sexa máis intensa, polo que hai máis lixos e se emiten máis gases contaminantes cara a atmosfera. Podemos dicir que é un dos problemas é a consecuencia do outro.


O consumismo consiste no consumo esaxerado de bens e servizos. É dicir, as persoas dos países desenvolvidos mercamos e utilizamos produtos en gran medida, aínda que moitos deles non os precisamos. A publicidade e os medios de comunicación son en moitas ocasións os que nos invitan a a realizar este sobreconsumo, polo que temos que tentar levar a cabo unha actitude responsable respecto a este asunto, realizar un consumo responsable.

O consumo responsable é aquel que consume produtos que non incrementan a explotación infantil e que ten en conta a ecoloxía, debe ser controlado e favorecer aqueles produtos que non contaminan tanto o medio natural.

Para ser consumidores responsables, temos que mercar o que precisamos e non o que desexamos:

  • Debemos mercar a roupa que nos sexa necesaria, e non a que está máis de moda.
  • Precisamos consumir produtos que favorezan á nosa saúde.
  • Posuímos a obriga de aforrar auga e luz, na medida do posible. 







 Os usuarios dos produtos temos unha serie de dereitos, por exemplo o dereito á protección de saúde e seguridade, o dereito á información específica do produto consumido ou o dereito á indemnización se sufrimos danos ou prexuízos polo consumo dun produto en mal estado.



Este consumo desenfreado é unha das principais causas que está a producir o aumento da contaminación do medio ambiente.

Un dos grandes retos ó que se enfronta a humanidade actualmente é o inicio dun novo modelo de desenvolvemento sostible, que mellore a calidade de vida humana e que ademais non prexudique ó medio ambiente. Este concepto é o que chamamos ecoloxía.

 Se  levamos a cabo unha vida ecolóxica é decisión de cada un, pero os gobernos dos estados deben poñer en vigor leis ca fin de protexer o medio natural.

Algunhas das acción que axudan á conservación do ambiente e que podemos realizar tódolos días sen a axuda de ninguén son:


  • Apagar as luces cando abandoamos un cuarto
  • Ducharse en lugar de bañarse para aforrar auga
  • Pechar o frigorífico rapidamente despois de usalo
  • Envolver a comida con servilletas de papel biodegradable en vez de face-lo con papel de aluminio
  • Utilizar os papeis polas dúas caras para minimizar a corta de árbores







Esta contaminación do medio ambiente produce o quecemento global, un fénomeno que consiste no aumento das temperaturas no planeta debido á destrucción da capa de ozono motivada polo consumo excesivo de materiais contaminantes. Este quecemento produce o derretemento do xeo polar, a subida do nivel do mar e outras consecuencias non menos graves.
Ademais, algunhas catástrofes están moi relacionadas coa contaminación do medio ambiente: por exemplo os fenómenos meteorolóxicos do Neno, a Nena e o monzón producen abundantes chuvias e ventos en rexións do océano Pacífico, que levan consigo perdas materiais e agrícolas.



En resumo, non debemos ser fieis ó consumismo, xa que o feito de mercar e consumir bens de máis conleva moitas consecuencias graves para o noso planeta, coma a contaminación do medio ambiente.  


Fonte:

Libro de texto: Educación para a Cidadanía, 2º ESO, editorial Rodeira

1 comentario:

  1. Valoración novembro:
    Bastante ben, aínda que podedes mellorar algúns aspectos:
    1) Algunhas fontes consultadas non están enlazadas.
    2) Demasiadas entradas, seguide as pautas, en moitas ocasións dividides os apartados en entradas.
    3) Bastante completo a pesar de que faltan algúns apartados.

    ResponderEliminar